Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

lunes, 27 de mayo de 2024

En marcha a festa do Quince deste 2024

 

Este domingo pasado, 26 de maio,  despois da sobremesa, a veciñanza de Lodoselo xuntámonos no local social, nese espazo que temos no que foi a antiga escola unitaria do pobo, convocados pola comisión de festas deste 2024. A Cristina, o José Ramón e o Xoán puxéronnos ó día do traballo feito: venta de rifas no Nadal, contactos feitos e os moitos vídeos ollados para unha axeitada escolla das orquestras, a selección das mesmas e xa a programación feita para os días 14, 15 e 16, o presuposto, ingresos feitos e previstos...

Na reunión, cun ambiente moi distendido e agradable, fomos completando algunhas datas e propostas, como a do pago do escote, a cea popular do venres 16, etc. Tamén nos presentaron as camisetas feitas para a festa do Quince. Outra maneira de colaborar, dende xa, mercando unha para poñer e outra para agasallar a alguén!

Agradecidísimos a esta xente moza. Moitas grazas! E parabéns polo traballo ben feito. Unha mostra de reocuparmos o poder que temos como cidadanía. O comportamento propio da boa cidadá, do bo cidadán. O civismo que prefire dicir algunha xente para non caer no equívoco ó que pode levar esta palabra de cidadanía, pensando que isto só afecta a quen vive nas cidades; o civismo, a calidade de cidadán, é de quen cumpre cos seus deberes e responsabilidades como tal.

A maiores da festa do Quince lembrar que tamén en Lodoselo será este ano a XLVI edición da Romaxe de Crentes Galegos que organiza a Asociación Irimia. Ide axendando! O segundo sábado de setembro, día 14.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario