Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

sábado, 13 de enero de 2024

TAMAGANIA (o país do Alto Tâmega): Hoxe, LODOSELO

TAMAGANIA (o país do Alto Tâmega) (Pincha aquí para ver enteira a entrada que fixo o Bruno Tamagani Rúa)


 
LODOSELO

Cecais a aldea máis impresionante e grande de todo Sarreaus é Lodoselo. Ten unha boa cantidade de atractivos ademais do mesmo que teñen o resto das aldeas da contorna, cunha boa cantidade de recursos en auga e moi boas terras, o que se nota nas construcións. A cantidade de patios de labor que se ven son refrexo da riqueza da terra dende hai séculos e pásalle que, como as demais, está super equilibrada entre monte e campo, aínda que hoxe a gandeiría sexa máis intensiva que extensiva, pero é o mal dos tempos actuais.
A arquitectura tradicional está moi ben representada nos grandes corredores, pero curiosamente, non abundan os cabaceiros ou canastros. A pericia dos pedreiros limiás vese perfectamente no uso maxistral da cachotería, á que logo de estruturada a picaban para que o aspecto exterior fose o óptimo. Hai casas que son unha maravilla desas técnicas, como veredes. Pero tamén se ve nas fontes e nas escaleiras, cunha delas que me parece unha obra de arte.
Non está falta tampouco de monumentos e edificios nobres. Algunhas casas vilegas elevan a categoría da aldea, pero gústame destacar, sobre todo, o cruceiro (fermosísimo), a casa reitoral, enorme e usada a día de hoxe como centro social (ou eso me pareceu), e tamén a igrexa, non tan grande como cabería agardar, pero ben feita, firme e duradeira, moi do século XVII.
https://www.facebook.com/groups/236597576531361/permalink/2286747934849638/    

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario