Este 12 de febreiro, domingo corredoiro, tivemos a sorte de escoitar as chocas dos nosos peliqueiros e lembrar un ano máis esta emotiva festa; e agradecer a todas as persoas que fixeron e seguen a facer grandes estas datas.
Se en tempos, como nos recordaban hoxe, cando
estaba prohibido tamén se facía e eran os quintos que ese ano ían
facer o servizo militar os que se vestían de peliqueiros, hoxe poidemos
gozar dun momento ben lindo, de todo un grupo de persoas que nos agasallou coas mellores galas destas festas.
Presente e futuro: porque tiñamos ata as crianzas máis pequeniñas
(con catro meses!!!) vestidas de peliqueiros no colo. E moi boa canteira.
Na vivenda comunitaria (A túa outra casa), á saída da misa e diante da taberna... polas rúas: uns sons, unhas imaxes con raíces tan dentro de nós que sempre nos fai ferver o sangue, que nos enche de entusiasmo. Que de hoxe nun ano. Moitísimas grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario