Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

miércoles, 6 de octubre de 2021

Damos por rematadas as obras nas Casas da Memoria

 Así que xa temos preparados os locais. Agora iremos engadindo máis contidos. Moito traballo feito, moito que agradecer a todas as persoas que contribuiron nesta obra; moitas actitudes e aptitudes das que aprender... e a seguir nesta viaxe xuntos, ligados por un deber común, unha tarefa partillada: coidar da vida. 

Velaquí unha montaxe coas imaxes do feito ó longo deste 2021 nestes espazos, noutrora cociñas, bodegas, leñeiras... que foron quedando sen uso, algún xa se fora derrubando (tellado caído, paredes a piques de facelo), outros teitados con uralita... e que grazas á xenerosidade das propietarias/os (Concha e Ramiro, Castor, Josefa) poidemos ir refacendo cunha subvención do leader, bos profesionais que seguían as instruccións de Manolo e José Manuel e os apoios dalgún persoal laboral e voluntariado do CDR. 

E, xa o sabes, velaquí tes un sitio máis para visitar, no que colaborar... Outro espazo aberto para seguir ampliando a oferta do Pobo escola, outro granciño de area neste empeño de facer posible o que é necesario: un medio rural vivo, habitable e habitado. Con máis proxectos "no conxelador" á espera de financiamento.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d370508639k6768143o2l1/Casas da Memoria. Outubro 2021 

Enlaces a esta nova tal e como apareceu nos diferentes medios de comunicación:

https://www.farodevigo.es/ourense/2021/10/07/transforman-casas-ruinas-lodoselo-sarreaus- 

https://www.laregion.es/articulo/a-limia/viso-crea-punto-union-intergeneracional

https://www.diariodolimia.gal/articulo/sarreaus/noticias-a-limia 

No hay comentarios:

Publicar un comentario