O pasado 02/02/2019 coincidindo có Día Internacional dos Humedais cumpliuse o oitavo aniversario da creación de SGHN-Antela. Con este motivo celebramos o acontecemento repasando as dificultades, os avatares e as principais intervencións destes anos con medios moitas veces escasos, suplidos có apoio, entusiasmo e esforzo dun bó puñado de incondicionais.
Na Poza dos arieiros
Na Poza dos arieiros comprobamos a situación actual e repasamos o traballo desenvolvido co obxectivo de recuperar os hábitats de bancos areosos característicos do río Limia antes da súa rectificación e hábitats de augas someras propicias para moitas especies de limícolas, en especial o arieiro pequeno. Esto, mentras aseguramos a conservación e mellora da poboación de Eryngium viviparum e facilitamos a instalación dunha colonia de cría de anduriña dás barreiras.
Aínda que o proxecto está por completar, xa cumpre plenamente cós obxectivos previstos e pronto vaise complementar con novas actuacións na área inmediata, có cal ampliaremos as zonas de augas someras incrementando a diversidade de hábitats e a interfase entre os hábitats terrestres e acuáticos con bordos de noiros suaves. Dito así, semella pouca cousa, pero compre lembrar que cando empezou o proxecto dispuñamos unicamente de 5.093 m2 en grande parte cubertas por xestas de porte arbóreo e salgueiras e hoxe, grazas ao acordo de custodia do territorio asinado cós propietarios lindeiros, cóntase con algo máis de 14000 m2 con ambientes diversificados idóneos para especies como anduriña das barreiras, conícora, cabra do aire, arieiro pequeno e mesmo cardiño da lagoa
Paneis sobre o Humidal Antonio Villarino
O seguinte punto de interese é o humidal Antonio Villarino, un proxecto novidoso e certamente algo atrevido como puidemos apreciar nos paneis que os amigos do CDR O Viso instalaron en Lodoselo e que reflicten as diferentes etapas do traballo.
Humidal Antonio Villarino
Logo das explicacións e da visita virtual nada como comprobar in situ o estado e evolución do humidal e a importancia da súa ubicación nas inmediacións da veiga de Vilaseca. A veiga está case totalmente asolagada cun moi bo nivel de auga. Achegándonos a zona, intúese xa a primavera ben próxima. Algunhas cegoñas empezan a ocupar os niños, os patos reais están emparellados, as aves máis pequenas comenzan a reclamar os seus territorios e, … tamén as conícoras deixánse ver achegándose as áreas de reproducción.
No humidal Antonio Villarino faise repaso e valoración do proxecto, os neocauces están cheos de auga que, ademáis vai asolagando os puntos máis baixos da parcela, incluíndo os 3000 m2 anexos á parcela propiedade de SGHN en acordo de custodia do territorio có veciño lindeiro. Aquí é obligado lembar que a finca estaba parcialmente cuberta por mato de xestas e toxos de gran porte e que o traballo dos voluntarios para recuperar a vexetación herbácea foi inmenso e viuse recompensado pola presenza das especies obxectivo do proxecto a primavera pasada … un éxito detrás do que existe moito tempo de dedicación, moito traballo dos voluntarios e o investimento dalgúns miles de euros solidarios para realizar os traballos de maquinaria e retirada de terras.
Como noutras parcelas, o desenvolvemento da vexetación vai supor un esforzo constante de control para manter o máis rasa posible a vexetación herbácea, é dicir o que antes ocorría nas veigas pola súa utilización gandeira. A falta de herbívoros, teremos que aplicarnos e rozar periódicamente, aínda que quizá se poida buscar algunha alternativa … xa veremos.
Veiga de Gomareite
Entre risas e bromas chega a hora do xantar e pola tarde aínda queda moito que ver. Principalmente interesa achegarse á Veiga de Gomareite para comprobar o resultado das últimas actuacións do mes de setembro coa retirada de lixo e das montoneiras de pedra, etc.
A estas alturas pouco máis podemos engadir da veiga de Gomareite e dos traballos que están a realizarse. Resumindo: o obxectivo é recuperar a veiga e prolongar o asolagamento, retirando materiais vertidos ao chou ao longo de anos. O proxecto de recuperación compleméntase coa gandeiría en extensivo, o que supón un plus para a conservación, mantemento e diversidade da veiga. Grazas a este acordo de custodia có gandeiro, nesta zona xa temos os grandes herbívoros que controlarán a vexetación.
A retirada de residuos leva aparellada a remodelación topográfica dalgúns puntos e a provisión de materiais nos lugares máis axeitados á finalidade que se persegue e, como puidemos ver, o obxectivo cumpríuse sobradamente. A veiga está parcialmente cuberta por unha lámina de augas someras idóneas para moitas especies de aves que poden atopar aquí refuxio e alimento como nos indican os máis de 200 patos reais que levantan o voo cando nos aproximamos. E, como en Vilaseca, a presenza das conícoras.
Visitando novos predios alugados ao BANTEGAL
Como colofón achegámonos a algúns dos últimos predios alugados ao BANTEGAL, dos que asinamos os contratos na pasada semana. Con estes predios vaise iniciar unha nova campaña de apadriñamento que comunicaremos convenientemente.
E así chegamos ao remate da xornada, compartindo e disfrutando o traballo realizado, os resultados e os novos proxectos.
Sección Antela, 8 anos traballando pola Limia … e moitos máis que van vir … contando con todos vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario