Velaquí o pimeiro nacemento deste "veroño". O sábado naceu esta pequena cría en Lodoselo. A tempada que leva pasado a facenda que anda no monte non ten sido nada boa con esta seca. Nin pasto, nin froita (mazás, sobre todo) que caia das árbores coma outros anos, nin landras... Con todo, imos indo.
Pero, tamén traemos aquí a outra imaxe cun só día polo medio. O país ardendo ó longo do domingo e o "luns negro". Os que cremos que a educación ten que ter unha necesaria relación co medio que permita o arraigo co territorio atopamos que dias así fannos dubidar da especie humana. Haberá que admitir aquilo de que canto máis coñezo á xente máis lle quero ó meu can /cadela (Néboa)? Hoxe sí. Porque está claro que non arde o monte, queiman o monte e con el a vida. Estamos tristes, enfadados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario