Si, porque a nosa "Maribel" está entre o grupo de premiados na 39ª edición da Fundación Premios Da Crítica Galicia. Aínda que agora vive en Celanova para nós segue a ser aquela rapaciña boa que se criou no barrio do Outeiro; por iso queremos felicitala desde o CDR O Viso; a ela e a toda a súa familia ( especialmente ós seus avós, Francisco e Isabel).
Daquelas primeiras actividades que se fixeron desde a Asociación Cultural O Cruceiro, que despois deu pé ó CDR "O Viso" a dos estudos dirixidos ou "doblescola" (L. Milani e a escola de Barbiana era un referente) foi unha das accións que sempre nos mantivo especilamente unidos con tod@s e cada un dos nen@s do pobo. Se non lembro mal, fomos co tractor do Ramón (o tío de Maribel) buscar as mesas e as cadeiras que nos deran na Agrupación escolar de Sarreaus para que na escola do pobo (que na década dos oitenta recuperamos do seu estado de abandono e semi ruinoso) poideramos ir facer os deberes... E moitas máis cousas: Preescolar na Casa, Xornadas de formación popular, escola de adultos, entroidos, magostos...
"Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega" (Xerais, 2015), premio en la modalidad "Investigación" de los XXXIX "Premios da Crítica Galicia 2016".
Autoras: Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Pili Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez (Mfv Ice-usc), Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto.
Os Premios da Crítica Galicia 2016 son uns galardóns que teñen como obxectivo o de facer público o recoñecemento que, dentro do marco xeral da cultura galega, merecen os labores individuais ou colectivos que cada ano cristalizan en achegas relevantes para os diversos ámbitos da creación cultural e da investigación do país. De feito, nas súas 39 edicións estes galardóns recoñeceron o traballo de destacadas figuras e iniciativas, exemplo da diversidade e riqueza lingüística e cultural do país.
Grazas, Toño! Cantas lembranzas! Como pode intuír a xente que lea esta entrada, parte do que son débocho a ti, un exemplo de mestre capaz de sementar entre a xente nova o afán por saber, o interese polo propio e o respecto ao legado dos que nos preceden. Nos anos que en Lodoselo axudaches (xunto con Carmen) a facer os deberes alí na vella unitaria á rapazada que acudiamos asiduamente espertaches a curiosidade por saber máis do mundo que nos rodeaba, incluso nos levaches da man a explorar os arredores do pobo, a entender á xente e entender de onde viñamos como cultura, abríndonos horizontes máis alá do Viso, que por certo un día subimos para ir de excursión ata Santa María camiñando.... Experiencias que forman parte das nosas vidas e que nunca che agradeceremos bastante. Se Lodoselo está no mapa é en boa parte grazas a ti e a toda a xente que traballa contigo dende hai tantos anos! Por todo iso e moito máis GRAZAS!
ResponderEliminarMoitas grazas a ti. Sei da túa amabilidade e oxalá un fora como dicides que son os que me queredes ben. Unha sorte termos a posibilidade de contribuírmos, na relación, a gozar da vida, a saborear uns valores que nos fan sentir que sintonizamos. Si, moitas grazas e os mellores desexos de que todo vaia ben.
ResponderEliminar