Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

lunes, 3 de febrero de 2014

Unha boa lección

                                          
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/02/03/dia-humedales-limia/959905.html?utm_medium=rss


                        

   Despois da visita guiada polas areeiras, a visita á casa da Lagoa en Sandiás e á parcela da SGHN en Vilaseca o grupo de 40 persoas achegouse ata as instalacións do CDR O Viso para xantar e gozar da ponencia de Serafín (á que se achegaron máis persoas) sobre "Humidais, auga e agricultura na Limia. Xuntos en prol do crecemento.
   Serafín González Prieto é Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e científico do CSIC desde 1994, ademais de autor de numerosos artigos (50) en revistas científicas internacionais e colaborar como investigador en 25 proxectos sobre o sistema solo - planta e xestión de residuos orgánicos; ultimamente foi o principal impulsor da campaña en contra da megaminería contaminante en Galicia. Para nós aquí sempre foi un dos "fixos" nas xornadas de Medio Ambiente que o CDR O Viso empezou a organizar na metade da década dos 90 co impulso de Xosé Santos. Tamén en Lethes, cadernos culturais do Limia. temos unha manchea de artigos seus. 
   Nos próximos días poñeremos un enlace á presentación que fixo con datos que deixan en evidencia as medias verdades dalgúns (Confederación Hidrográfica), o silencio cómplice doutros (Consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade) e os sinsentidos de diversas declaracións a miúdo penosas e irresponsables (varios alcaldes da zona) sobre a xigantesca maquinaria de contaminación das augas, a degradación dos valores estéticos e paisaxísticos...    
   O seu papel simboliza esa síntese necesaria entre resistencia e traballo riguroso. Unha boa lección. Este é o final dun artigo que outro amigo do CDR, Daniel López Muñoz (o Trasno de Irimia), escribiu sobre Serafín en novembro de 2013 e que está no outro blog desta web: A figura singular dun home singular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario