Nota de prensa
O CDR O Viso, asociación cunha importante traxectoria
en intervención social na comarca da Limia inicia o proxecto, RURALEMPRÉGA-T,
para acompañar a incorporación social e laboral da cidadanía en xeral e con
especial atención a persoas en situación de exclusión social e aqueles que
buscan emprego.
Este servizo de orientación sociolaboral que ten as
súas oficinas en Xinzo de Limia, conta con dúas liñas de traballo principais, unha que consiste na realización de
entrevistas personalizadas e individualizadas nas que se leva a cabo unha
valoración sociolaboral da persoa para posteriormente ir marcando de forma
conxunta co traballador social os obxectivos que se desexan acadar, e unha segunda que consiste na oferta de actividades de grupo nas que practicar
as habilidades adquiridas nas entrevistas individuais e poder compartir a busca
de emprego. Ven a ser un complemento a outros servizos existentes na comarca,
coa novidade das actividade de grupo.
Con este tipo de proxectos, financiados pola Xunta de
Galicia, a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de
servizos sociais comunitarios e inclusión social, (cofinanciados parcialmente
polo Fondo Social Europeo) preténdese contribuír á mellora da calidade de vida
das persoas e grupos participantes, facilitando un espazo de mellora social e
de potenciación das habilidades para a busca de emprego, de xeito permanente no
tempo.
Xa se pode pedir cita por email, á dirección: areasocial@cdroviso.org; por telefono no 988461571, ou acudir á oficina
situada na Praza Maior, 1 – 1º C (Xinzo de Limia) os luns de 10 a 12, mércores de 16:30 a
18:30
Mais información:
Carmen Bohorquez. Coordinadora do CDR "O
Viso"
Edi González. Traballador Social de RURALEMPREGA-T.
Telf: 988 461 571
No hay comentarios:
Publicar un comentario