Rogelio Martínez visita o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso .
www.xunta.es/.../rogelio-martinez-visita-centro-d..
Rogelio Martínez visita o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” de Lodoselo, Sarreaus
O delegado territorial gabou o seu labor a prol da inclusión e indicou que a Xunta de Galicia mantén a súa aposta de mellorar a calidade de vida dos maiores
A Consellería de Traballo e Benestar concedeulle preto de 19.000 euros ao abeiro da nova convocatoria de subvencións para asociacións de iniciativa social
Ourense, 30 de agosto de 2012.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde do municipio ourensán de Sarreaus, Gumersindo Lamas, e do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, visitou o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, en Lodoselo. Martínez reuniuse cós responsables da entidade e coñeceu o traballo que realizan. O encontro serviu tamén para amosar o recoñecemento do Goberno galego ao labor que día tras día desenvolven ao servizo da sociedade.
Desde comezos de 1999 este centro ofrece unha completa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social, lavandería e pasado de ferro, ata unha vivenda comunitaria tutelada con capacidade para 12 persoas e servizo de terapia ocupacional no centro e a domicilio, entre outras cousas.
Este ano a Consellería de Traballo e Benestar outorgoulle ao CDR “O Viso” ao abeiro da convocatoria de subvencións para asociacións de iniciativa social que traballan a favor da inclusión unha axuda de 18.800 euros, unha cifra lixeiramente superior á do exercicio anterior.
Este departamento autonómico subvencionou á totalidade de entidades da provincia ourensá que solicitou esta liña de axudas da orde do 13 de abril de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o día 2 de maio. Así, un total de 16 asociacións de iniciativa social recibiron preto de 300.000 euros para o mantemento e a promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense gabou o traballo que esta asociación vén desenvolvendo dende hai anos, pero sobre todo nun momento como no actual marcado pola crise económica. Neste sentido, suliñou que na concesión de axudas o Goberno galego “deulle prioridade ás organizacións que dan unha resposta directa a aqueles que máis están a sufrir a crise”.
Rogelio Martínez lembrou que “os máis de 5 millóns de euros que Benestar está a investir este ano na provincia de Ourense entre axudas ás entidades que traballan pola inclusión social, RISGA e AES demostran o compromiso que tivo este goberno galego coas políticas sociais”. Ademais, o delegado territorial indicou que a aposta da Xunta pola inclusión social non só se reflicte nos orzamentos, xa que recordou que tamén se está a mellorar a Lei para acadar unha verdadeira inserción laboral das persoas en risco de inclusión.
Tema: Traballo
COMO LOS EXTRAÑO!!!!!!
ResponderEliminar