Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"
Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.
lunes, 23 de abril de 2012
Alumnado do C. Compañía de María da Coruña
Este fin de semana, 20, 21 e 22 de abril estiveron aquí un grupo do Colexio Compañía de María da Coruña que outro ano máis viñeron a Lodoselo. Organizado, esta vez, polo Departamento de Sociais (con Emilio de acompañante/asesor e outros 3 profesores ) estivo o alumnado de 3º da ESO. Ademais de coñecer un pouco esta comarca na xornada do sábado, fixeron algunhas actividades do programa do pobo escola: fornada de pan, obradoiro de xogos populares, reciclaxe, fiadeiro... Tamén coñeceron a Alai –a burriña que naceu o pasado 26 de marzo- que sacamos, por primeira vez, ese día ó monte. Velaquí algunhas fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario