miércoles 24 de agosto de 2011
Xogos populares, xogos tradicionais, xogos do mundo...
Con motivo das festas populares nos pobos da contorna o C.D.R. "O Viso" ten participado organizando e animando un tempo para xogar todas as pesoas, calquera que sexa a súa idade... nun intento de traermos á memoria e amosar, que -hai tempo e tempo- xogabamos... Algúns deixaron de xogar, outros esqueceron os xogos, a outros nunca lles aprenderon aqueles xogos; nós que cremos que o xogo ten un poder reconstituínte queremos que se conserve, protexa e apoie esta maneira de xogar: xuntos, nas rúas... O xogo popular como manifestación cultural, integrado no contorno. Así que xa sabedes, se queredes que animemos as vosas festas -desta maneira- poñédevos en contacto con nós. Velaquí algunhas fotos deste mes de agosto en Alberguería e Lodoselo. Veña, grazas polo voso tempo pero non vos esquezades de xogar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario