Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

lunes, 8 de julio de 2024

Isabel Mociño é a nova decana de Educación

Isabel Mociño, no edificio de Ferro MIGUEL VILLAR La Voz de Galicia

Celebramos esta boa nova porque a "nosa Maribel" é testemuña dos nosos comezos cando na década dos oitenta, como A. C. "O Cruceiro" recuperamos a antiga escola do Pobo para entre outras actividades levar adiante unha actividade como eran os "estudos dirixidos". Aquel espazo no que as nenas e os nenos (entre os que ela estaba) tiñan diariamente un tempo e unha axuda para facer as tarefas escolares.

Tamén lembramos as súas participacións e os seus logros naquelas actividades e mesmo concursos de creación literaria que algunha vez convocamos con motivo do día da Letras. 

E sempre a súa sintonía e presenza (mesmo na distancia) co traballo do CDR O Viso. Celebrando, participando e dando fe de que ela forma parte desta comunidade.  Toda a veciñanza de Lodoselo e arredores Felicitamos a Maribel pola súa elección como decana da Facultade de Educación e Traballo Social (FETS) do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. E desexámoslle o mellor: que todo vaia ben!

 Isabel Mociño, cuarta por la izquierda, con el resto del equipo decanal DuviLa Voz de Galicia


A profesora, experta en literatura infantil e xuvenil releva a Xosé Manuel Cid (de "Morgade a Lodoselo"), que despois de 45 anos de dedicación á docencia prepara xa a súa xubilación. Estará acompañada por Ana María Iglesias, Jesús Deibe Fernández Simo, María Isabel Doval y María José Vázquez Figueiredo. Como secretara continúa Raquel María Iglesias. Parabéns a todo o equipo e sorte neste andaina.

As súas principais liñas de investigación son a literatura infantil e xuvenil e prácticas lectoras.

Na Voz de Galicia deste domingo 7 de xullo velaquí algúns titulares dun empeño ben acaído: Isabel Mociño González: «A facultade debe ser unha caixa de resonancia das preocupacións sociais» Ou “A atención á diversidade e a accesibilidade universal serán prioritarias”.

Doutora en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora no Departamento de Didácticas Especiais, no que imparte materias da área da Didáctica da Lingua e da Literatura na Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. Era a Vicedecana e Coordinadora do Grao de Educación Infantil, impartindo docencia no mestrado de Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos e formando parte de grupos e redes de investigación como EduAcción Patrimonial, Innovación Educativa (Innou), Rede Temática de Investigación As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI) e A LIX angloxermana e a súa tradución. Tamén é membro activo de colectivos como a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), a Asociación Galego Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil Elos ou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). As súas liñas de traballo céntranse no estudo da literatura infantil e xuvenil, a didáctica da lingua e a literatura e a adquisición dos hábitos lectores nas crianzas.

https://www.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/isabel-mocino-elixida-nova-decana-facultade-educacion-traballo-social

https://tv.uvigo.es/video/5dc583d81e19c0045500738b?track_id=5dc58b751e19c004994f9592

 

viernes, 5 de julio de 2024

Nuevo Frixo: proxectos das minas de Litio... en Sarreaus, Laza, Cualedro, Vilardevós e Oimbra

Recibimos esta comunicación que queremos espallar e tratar de completar con outras informacións. Achegamos un enlace para poder ler o Proxecto presentado; o acordo publicado no DOG 111 do 10 de xuño e tamén algún modelo de alegación que podemos presentar ante a Xefatura Territorial de Industria en Ourense, os enlaces ás redes...



"Preséntovos unha nova dentellada. Aunque veña oculto como un estudo para ver se existe Litio, Cobalto, wolframio, estaño. Que tod@s sabemos que existe. A estas empresas sérvelles para obter dereitos mineiros caducados, e que nun momento dado, cando existan necesidades destes minerais e lles sexan moi rentables explotar, o farán sen ter en conta ás propietarias/os das fincas. Ó ser minerías de interese prioritario vanse a acoller a expropiacións ridículas, e sen que os propietari@s saquen tallada do pastel. Xa sei que dá para moito debate. Pero agora mesmo o período de alegacións remata o 22 de xullo. Polo que vos pido un esforzo para pararlle os pés a estas empresas de rapiña. Afectan a 3 zonas: unha grande en Sarreaus, Laza e Cualedro. Outra no concello de Vilardevós e outra no concello de Oimbra".

Proyecto Labores Nuevo Frixo (Laza, Sarreaus, Cualedro) 

ACORDO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Nuevo Frixo número 5291, para recursos da sección C), sito nos concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro (Ourense). 

Alegacións á solicitude do permiso de investigación denominado Nuevo Frixo número 5291, para recursos da sección C), sito nos concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro (Ourense) 

Alegacións exprés Nuevo Frixo. Remata o prazo o 22 de xullo 

Enlaces ás redes sociais (facebook, instagram)


 

Reunión Informativa co Sr. Alcalde-Pte do Concello de Sarreaus na escola de Lodoselo