martes, 6 de febrero de 2024

Domingo corredoiro




Un ano máis, cun espléndido día de sol e moi boa temperatura, celebramos o domingo corredoiro. Grazas a todas estas persoas que nos alegraron o día e encheron o pobo de sons, vistosidade, música, festa... Graciñas por achegarse ata a vivenda comunitaria. Sentir as chocas dos peliqueiros segue a ser a mellor chamada, a referencia clave do noso entroido. 

Gozar deles ("non se cansa un de miralos") unha moi boa maneira de facer memoria e agolparse nas nosas cabeciñas momentos vividos. Admiración, case devoción ou culto para estas personaxes que coas súas elegantes carreiras adornan de maneira singular os nosos espazos cotiás e enchen o pobo e as nosas vidas, nestas datas, dunha costume case sagrada; todo un rito.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario