Alumnado do C. Compañía de María da Coruña
Este fin de semana, 20, 21 e
22 de abril estiveron aquí un grupo do Colexio Compañía de María da Coruña que
outro ano máis viñeron a Lodoselo. Organizado, esta vez, polo Departamento de
Sociais (con Emilio de
acompañante/asesor e outros 3 profesores ) estivo o alumnado de 3º da ESO.
Ademais de coñecer un pouco esta comarca na xornada do sábado, fixeron algunhas
actividades do programa do pobo escola: fornada de pan, obradoiro de xogos
populares, reciclaxe, fiadeiro... Tamén coñeceron a Alai –a burriña que naceu o
pasado 26 de marzo- que sacamos, por primeira vez, ese día ó monte. Velaquí
algunhas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario